Atrévete con Facebook

🖥 Dende o aliado dixital da Xunta de Galicia (FEGAUS) xunto co Canal Senior, a aula ceMIT de Ribadeo foi unha das elixidas de entre toda a rede de aulas de Seminario_Facebook_cemit_ribadeoGalicia, para impartir unha serie de cursos e charlas presenciais e de xeito online durante os vindeiros meses.
🖥 O primeiro seminario chamado “ATRÉVETE CO FACEBOOK”, orientado a xente non tan nova, o cal se accederá dende os ordenadores da aula ceMIT e que será de xeito online, no cal os asistentes poderán comunicarse co profesor e preguntarlle dúbidas, terá lugar o día 18/03 e o 24/03 de 10:30 a 11:30 na propia Aula.
🖥 Veranse os primeiros pasos na rede social, a súa utilización, como personalizar a túa conta, as conexións, configurar a privacidade…é dicir, unha serie de pasos que che axudarán a coñecer o seu uso e incluso se o desexas, poder crearte unha futura conta.
🗓 O prazo de inscrición comezará o luns 14 de Marzo ó 17 de Marzo en horario de 09:00 a 14:00, nos teléfono 982129889982120732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera franxa horaria. As prazas son limitadas, non esperes moito!
Compárteo!