Proximamente impartirase na Aula ceMIT de Ribadeo un curso presencial dirixido a mulleres sobre estratexias para a procura de emprego. Será unha formación presencial dirixida a mulleres de entre 18 e 65 anos. O obxectivo principal é fomentar a empregabilidade e o emprendemento das mulleres, mediante o uso das novas tecnoloxías que temos o noso alcance.
Apunta as datas:
✏️19 DE ABRIL: Competencias Dixitais para a procura de emprego.
✏️20 DE ABRIL: Como afrontar unha entrevista de traballo.
🕛Horario: 17:00 a 20:00
O prazo de inscrición está aberto en horario de 09:00 a 15:00, nos teléfonos 982120739–982120732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal