-
A aula CeMIT de Ribadeo é de acceso libre e de balde.
-
Para o emprego dos recursos da Aula CeMIT os/as usuarios/as deberán rexistrase como tal, (os/as menores de 18 anos precisarán para a inscrición como usuario/a unha autorización do seu pai, nai ou titor/a).
-
En cada uso/visita que se faga ao centro deberá identificarse como usuario/a ante a persoa responsable.
-
Para preservar o bo estado dos equipos non se pode comer, nin beber na sala.
-
Para manter o bo clima de traballo respecte ás persoas e ós materiais.
-
Evite facer ruídos: se quere escoitar música ou desenvolver calquera actividade ruidosa empregue os auriculares, utilice un ton de voz baixo e quítelle o son ou desconecte o móbil.
-
Non se poderá baixar software nin instalar nos equipos ningún tipo de programa ou aplicación sen autorización do responsable do centro.
-
O uso indebido dos equipos ou as modificacións na configuración deberá supor a expulsión inmediata e definitiva do centro.
-
Para evitar a entrada de virus a utilización de dispositivos de memoria será supervisado pola persoa responsable da aula.
-
Estabeleceranse como usos prioritarios do centro os seguintes:
-
-
Acceso a portais e servizos da administración.
-
Proxectos de teletraballo, formación e teleformación.
-
Procura de emprego/orientación profesional.
-
Realización de traballos e actividades académicas.
-
-
-
Queda totalmente prohibido o acceso a páxinas de contidos pornográficos, terroristas, racistas ou calquera contido que viole a legalidade vixente ou atente contra a dignidade das persoas.
-
Os/as menores de idade non poderán acceder á aula no horario escolar.
-
Os/as menores de 8 anos deberán estar sempre na compaña dun adulto responsable.
-
Restrinxirase o uso do chat e mensaxería instantánea ós/ás menores de 16 anos, agás que estean acompañados do seu pai, nai ou titor/a.
-
Prégase que non se garde información nos computadores da aula. A información gardarda será borrada periodicamente.
-
Respectarase o horario. A aula non estará aberta ao público cando haxa algunha actividade formativa; ésta será comunicada mediante carteis e nos horarios de cada mes.
-
O tempo de utilización de cada equipo será de 1 hora para ocio e de 2 horas para usos profesionais (realización de traballos, currículums, busca de emprego…)
-
Só se poderán realizar impresións de Currículum Vitae e sempre coa autorización do axente TIC da aula.
-
O incumprimento destas normas poderá supoñer a expulsión do centro.